venres, 2 de decembro de 2022

QUE PRECISAMOS PARA UN CONTO?

 

Esta semana comezamos a ver os "ingredientes dos contos". 

Empezamos polos personaxes. No conto que estamos traballando neste proxecto o noso protagonista é ÑAC-ÑAC.

Os autores e autoras escriben sobre distintas personaxes. Poden ser persoas, animais, cousas ou seres imaxinarios como o noso Ñac Ñac.
Mirade que personaxes tan diversas creamos! Quedaron super "chachis" peques.
Repasando e trazando círculos.
CREANDO MARIONETAS
Cada neno/a elexiu a cor dun calcetín que lle gustaba e despois elexiron ollos e orellas. Para a boca, a profe fíxonos traballar un pouquiño e empregamos por primeira vez a tesoira. Temos que ter moito coidadiño porque nos podemos cortar.
Pero mirade que marionetas (cada unha é unha personaxe distinta, creo que hai moitos animais, jajaja) creamos para os nosos contos!!!COMO MOLAN.
A nosa marioneta é como Ñac- Ñac.
Ten BOCA para falar.
Ten OLLOS para ver.
E ORELLAS para escoitar.
Como estamos enchendo o noso recanto do proxecto!!!!

CONTANDO CONTIÑOS (moitísimas grazas por todas as aportacións que nos estades achegando).
ARON: trouxonos un conto moi divertido, como unha eruguiña ao longo dunha semana comeu e se converteu nunha fermosa bolboreta! Gustounos moito. 
Mirade que debuxos tan chulis fixemos da eruguiña.
O xoves repasamos o conto que nos trouxo Aron na mesa de luz da biblioteca!! Como molou!!Contamos o que ia comendo cada día, porque esta eruguiña era moi comellona!!
Despois fixemos unha marioneta:
VISITAS ESPECIAIS
O luns comezamos a semana contando un contiño grazas a mamá de Héctor, entre os dous contaron a historia de Hansel e Gretel e a casiña de chocolate. Xenial familia! MOITAS GRAZAS.
Silvia (mamá de Héctor)
O martes, o irmán de Luca contounos un conto dos tres porquiños. Gústounos moito e mirade que aproveitamos para facer.
Falamos dos contacontos. Un contacontos é aquela persoa que conta contos, pode facelo de diferentes maneiras: lendo, recitando, con marionetas, na mesa de luz....e entón démonos conta que nós somos uns estupendos CONTACONTOS!!!
Como nos gustou moito ese conto, estivemos pintando as tres casiñas, a amarela é a de palla, a marrón de madeira e a laranxa de ladrillo. Tamén pintamos os tres porquiños e estivemos xogando con eles, buscando cal era máis grande e cal máis pequeno.
Luca púxose moi contento porque nos gustou moito o conto de seu irmán.
Deixamos un contiño dos tres porquiños que vimos na pantalla:
Rematamos a semana con unha SONRISA DE VENRES!! Ata luns peques, a descansar o fin de semana.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!