Comezamos inventando a historia. Entre todos foron dando forma ó conto. Case todos fixeron aportacións e logo foron incorporando todo e tentando dar sentito a todas as ideas. Tiveron que facer e refacer ata que todos e todas estaban conformes.
Feito isto pensemos en cantas ilustracións faríamos e a idea xeral de cada unha. Xuntos tamén preparamos as fichas nas que escribiríamos o conto elixindo o que escribiríamos sós e o que repasaríamos.
Comezamos coa introdución do conto. Presentando a Eglefino.
Seguiron co nó ou trama da historia, no que aparece un problema e se tenta dar solución e remataron co desenlace ou final. No que se explica como remata o conto e lle dan fin.
Continuamos vendo un tipo máis de ilustradores, os que empregan medios tecnolóxicos para ilustrar. Observamos varios contos e buscamos por internet. Achegámonos a Teresa Martinez, unha ilustradora mexicana cunhas ilustracións moi expresivas. Visionamos un conto en inglés que se entendía moi ben case só coas ilustracións "The halloween tree".
Como sempre deixámolo recollido en papel.
COmo fixemos co resto de técnicas vistas, experimentamos, esta vez, cunha tableta gráfica. Así, empregamos esta tableta para facer as ilustracións do noso conto.
Primeiro decidiron as ilustracións que facían falla segundo o texto que inventaran anteriormente para o conto de Eglefino. Logo, cada un fixo un dos debuxos.
Quedou moi ben!
Rematado o conto pasamos a preparar distintos escenarios para xogar coas marionetas que fomos realizando ó longo do proxecto.
Mar, feito con témperas mesturadas a través de film transparente e estampando ondas con esponxa.
Quedou moi chulo!
Casa, feita con pinturas e perfilando con rotu negro.
Bosque, feito con ceras manley e traballado cos dedos.
Para os investigacións sobre unicornios fixemos unha portada na que saímos de detectives e seguimos o rastro do que parece un unicornio. Pintamos de cores, pegamos cabezas, decoramos as letras con rotus de lettering e puxemos un rastro de brillantina nas pegadas.
Para a portada de "Os creadores", no que traballamos sobre escritura e ilustración de contos e a dramatización de historias, decoramos unha portada de libro antigo na que aparecen os nenos e nenas da clase e letras feitas cos rotus de lettering. Decoramos bordes e lomo con pincel e pintura dourada.
Para gardar todos os traballiños da avaliación preparamos "A maleta dos creadores". Picaron as fendeduras necesarias para crear a maleta e os lugares nos que insertar cada traballiño:
-Fichas recopilatorio de todo o traballo dos unicornios e creadores.
-Recopilación de escenarios con distintas técnicas de ilustración.
-Marionetas dos contos.
-Marioneta de calcetín que crearon.
-Conto escrito e ilustrado por eles de Eglefino.
Esforzáronse moito en facer propostas e planificar o proxecto, nas investigacións, experimentando e creando, e en todo e cada un dos traballiños. Sen dúbida foi un gran comezo do curso!
Agora xa teñen a súa maleta dos creadores completa!
Rematado todo o proxecto só nos quedou xogar con Eglefino e os escornabots a percorrer distintos lugares dos contos.
Grazas a todos e todas pola vosa colaboración neste primeiro trimestre.
Á volta de vacacións seguiremos cun novo proxecto!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!