venres, 29 de outubro de 2021

XA CHEGA O SAMAIN!

Deixamos o enlace das actividades que se levaron a cabo 

na Biblioteca do centro para conmemorar o Samaín: Obradoiros, contacontos...

PREMER AQUÍ NO SEGUINTE ENLACE



CLASE VERDE
No outono e tempo de cabazas e na clase dos maís pequeniños vimos o conto de corre corre, cabaciña e a súa canción:




Despois coloreamos co pincel as nosas cabazas

Tamén aproveitamos a época é coa axuda de todos/as valeiramos e preparamos unha cabaza parecida a da avoa do conto.


Tamén coas nosas mans fixemos monstruos de Samain para decorar os nosos corredores




CLASE de AZUL
Na clase de auzul primeiro, creamos MONSTROJOS! Quedaron moi chulos!

En INGLÉS e PLASTI de PLURILINGÜISMO crearon MONSTROS terribles!!!



Tamén fixemos personaxes de SAMAÍN que elixiron eles mesmos e que fixeron empregando as súas mans. Decidiron cómo serían e fixéronos con moito coidado e están decorando o noso corredor terrorífico!




Por último crearon unha cabaza doble. Logo de investigar unha chea de modelos e de opcións decidiron que querían unha cabaza da tartaruga LEONARDO e de VAMPIRO. Elixiron vampiro por ser unha personaxe de medo e que saía nun dos contos desta semana: EL VAMPIRO EDELMIRO. E a tartaruga por ser unha especie de heroe e por ter unha cara de medo e unha antimedo. Traballaron oito e quedou estupenda!

Hoxe venres fomos caracterizados e ían xenial!!!


CLASE de VERMELLO

Comezamos a semana creando CABAZAS DIVERTIDAS e MONSTRUOSAS.



Lemos o conto de CORRE, CORRE CABACIÑA e fixemos uns debuxos moi xeniais.


Participamos nun decorado conxunto cos nosos compañeiros e compañeiras de infantil. Estampamos as nosas mans con témpera de diferente cor para transformalas en MONSTRUOS DE SAMAÍN. Despois colgámolos no corredor das nosas clases.


O xoves e o venres, lemos un conto propio desta época e decoramos unha cabaza que ten certo parecido a un monstruo moi divertido. CARABUÑAS.


Esta semana escoitamos diferentes cancións, deixámosvos a que máis nos gustou. SAMAÍN de Brinca Vai.



FELIZ SAMAÍN PARA TODOS E TODAS!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!