venres, 1 de outubro de 2021

SETEMBRO DE CUMPLES: PARABÉNS PABLO E XIANA!!!


Neste mes de setembro temos dúas celebración super importantes. Pablo e Xiana están de cumple.

O primeiro en cumplir os 5 anos neste curso foi Pablo, o día 4 de setembro, e despois Xiana que cumpliu o día 30.

MOMENTOS PREVIOS O DÍA DA CELEBRACIÓN 

PABLO

1º Entre todos preguntámoslle a Pablo cantos anos cumplía. 
2º Mediante unha super ficha de cumple,  intentamos colocar as velas na súa super tarta de chocolate e nata, é a que máis lles gusta. A tarta tiña un pouco de trampa, porque faltaban velas. Entre todos tivemos que contar que so tivera 5 velas, sen despistarnos de non poñer ningunha máis. Cada neno decorou a tarta do cumple de Pablo.

3º Na ficha escribímoslle o nome na coroa e volvemos a escribir o número 5.




DECORACIÓN COROA

Este ano imos decorar as coroas dos cumples dunha maneira moi diver. Cada neno/a ten a foto da súa cara, debe recortala, pegala nun folio de cor e facerlle o corpo, sen esquecernos de ningunha parte do noso corpo.








XIANA

Nos días previos á celebración do cumple de Xiana fixemos o mesmo que no do seu compañeiro Pablo. Pero, a tarta de Xiana é de nata, porque lle gusta moito.


DECORACIÓN COROA

Quedou moi chuli, ao igual que a de Pablo.



Os nosos compañeiros Pablo e Xiana personalizaron a súa coroa. Cos sellos de letras poñen o seu nome.



CELEBRACIÓN

Comezamos con unha canción para poñer moita festa o día dos cumpleañeros. Parabéns de Uxía a Lambona e a Banda Molona.


E A SOPLAR!!!!!!!!!!





Para que nos quede un recordo bonito deste día de cumpleaños fixemos unhas super fotos no photocall dos cumples. Verdade que saimos todos guapísimos e guapísimas?? 



Finalmente, chegou a hora da festa e o baile.



Foi un día super especial!! Parabéns.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!