martes, 24 de marzo de 2026

Visita da mamá de Rayan e Souhaila !

Hoxe visitounos a nai de Rayan e Souhaila!

Contaron un conto simpático que transcorre no bosque e arredor da primavera que comezou fai poucos días.

Como recordo fixeron unha flor cun bichiño que leva sementes dentro para que as poidades plantar na casa.


Os nenos e nenas de 3 anos comezaron picando a flor e a folla antes de colorear. 


Logo do conto todos pintaron as flores e os talos con rotuladores. Os de 5 anos recortaron ó rematar de decorar as flores.

Feito o traballiño as mestras puxeron as sementes dentro dun bichiño que pegaron con coidado.
Así quedaron as da clase de vermello:

E así quedaron as da clase de azul:

Por último sacamos fotiños e gardamos para levar para casa!



Moitas grazas a Nuria por participar nesta actividade con Souhaila e Rayan!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!