Iniciamos a segunda avaliación con enerxías renovadas para repasar, afianzar e aprender cousas novas!
Os primeiros días falamos moito das vacacións e fixeron un debuxo don que máis lles gustou.
Tamén fixeron a gráfica do mes de DECEMBRO e analizámola entre todos.
Ésta semana fixemos o mesmo coa gráfica de XANEIRO.
Éste mes estamos adicándoo a repasar o que vimos na primeira avaliación e a afianzar as sumas, series, formas, asociación de cantidades e grafías...
Estamos traballando máis en profundidade o sons das letras que xa sabemos facer de forma máis individualizada...Practicaron moito na asamblea, na pantalla e con xogos da aula.
Tivemos tempo para xogar un montón e debuxar para o recanto dos artistas.
Fixemos unha manualidade de inverno na que tiveron que traballar duro durante varios días recortando, pintando, plasmando as mans e poñendo detalles con rotus brillantes.
Prepararon as letras do seu nome e colocáronas a modo de puzzle. Para rematar un exercicio de motricidade fina pra pegar pequenos copos de neve de aluminio.
Quedou xenial!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!