venres, 20 de setembro de 2024

SUPERHEROES DA ESCOLA! : Arrincamos!

Comezamos un novo curso desfrutando dos compis, con moito xogo, novas responsabilidades, nova distribución  do espazo, novos materiais, repasando e aprendendo moitas cousas!

Unha das primeiras actividades foi dar a benvida cun conto sobre eles, OS SUPERHEROES DA ESCOLA! 

Neste libro aprendemos que todos e todas temos superpoderes especiais. Nesta avaliación aprenderemos moito sobre nós mesmos e sobre os compis.

Cada día imos entrando, preparánonos  e imos vendo un contiño mentres agardamos por todos.

Logo sentamos para facer unha asemblea máis manipulativa combinándoa logo coa da pantalla e falando un pouquiño sobre o que faremos no día e contando cada un algunha cousiña que lles apetece compartir. Mais adiante amosaremosvos como facemos este inicio do día.


O novo proxecto que arrinca coñecendo detalles físicos de nós mesmos e dos outros. Así imos investigando, facendo hipóteses e experimentando. 
Algunhas das primeiras cousiñas que exploramos foi o que medimos. 
Tamén emregamos a cámara da pantalla para vernos e ordenarnos por estatura. Primeiro movéronse entre eles comparándose e logo miramos as medidas que tiñamos marcadas para correxir a orde onde facía falla. 

Deixámolo marcado e puidemos comparar.
Tamén se pesaron e apuntaron.

Fixáronse no seu aspecto e partes do corpo. Traballando vocabulario, comparacións, cores e  formas entre outras cousas.
Foron reflexándoo todo en papel. Comezamos e preguntando que actividades son as que máis lles apetecen este curso. 
Podedes ver algúns dos traballos, como cando  como a recollida dos datos, a representación deles mesmos, repaso de vocabulario, comparacións, cando tomaron a imaxe deles ordenados por altura...

Marcamos as pisadas, medimos e recollemos os datos. Compararon os tamaños e riron moito coas cóxegas e por moverse descalzos pola clase!

Repasaron tamén contidos do curso pasado.

Este curso comezamos a pararnos máis polo miúdo nas letras. Para iso nomeamos a letra, xogamos co son que fan, buscamos palabras que empecen pola letra que toca, buscamos palabras que a conteñan, buscamos no ordenador, votamos pola que máis nos gusta e pasámolas a papel practicando e co debuxo correspondente.

Van sendo cada vez máis autónomos ó ser eles mesmos os que reparten, recollen, preparan materiais, prepáranse para as comidas, aséanse e limpan o que manchan, reciclan e tiran o lixo.
Ademais prenden e apagan luces, ordenan, toman decisións sobre actividades, momentos de actividade e descanso, fan pequenos encargos e axúdanse entre eles.
Aquí preparándose para a comida de media mañá.

Ademais de ver contos a diario, tivemos tempo para contacontos, relaxación e para xogar moitísimo!

Pronto amosaremos máis cousiñas que temos en marcha!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!