venres, 1 de xullo de 2022

Repaso na clase de azul !

Este verán temos principalmente que descansar recuperar forzas xa que este curso foi longo. Pero tamén debemos deixar un oco para repasar e
non esquecer todo o traballado neste curso. 

Para iso tedes a ASEMBLEA (CLIC AQUÍ) de clase con todo o básico. Recordade a sección de recursos onde temos información e enlaces de repaso.

Motricidade fina. Non esquezades realizar tarefas coas mans, cociñar, modelar, abrochar e desabrochar, etc. Por suposto coller ben lapis, rotus, pinturas e pinceis.

Conduta, autonomía e responsabilidade. Colaborar nas tarefas da casa para seguir tendo responsabilidades e sendo cada vez máis autónomos realizando as tarefas que poidamos sós.

Continuar coas boas costumes de colaborar, saber esperar e escoitar, falar baixiño, as técnicas de relaxación cando faga falla, etc.

En canto a lecto recordade que empregamos os sons das letras "M = mmmm, S=ssss". Isto facilítalles moito a aprendizaxe. Así, se queremos axudarlles a escribir unha palabra, basta con ir decíndoa moi despaciño incidindo no son de cada letra. Que eles o imiten é xenial nestas aprendizaxes.

  • Falar moito de diferentes temas con linguaxe sinxela, que opinen, expliquen, pregunten, respondan…
  • Poden axudar a facer a lista da compra tratando de escribir ou ler unha palabra.
  • Tratar de ler os letreiros nos sitios que visitan ou localizar letras e dicir o nome do que están a ver para aumentar o seu vocabulario.
  • Facer debuxos e tratar de escribir o nome do que están a debuxar.
  • Buscar letras ou palabras en contos, revistas, catálogos, etiquetas... 
  • Reforzar nomes de familiares, amigos, copiar palabras. Discrimina visual e auditivamente as letras, realizar os trazos das letras coñecidas que se traballaron na aula …
  •  Ler un conto antes de deitarse ou noutro momento do día, por pracer, para axudarlles a adquirir vocabulario e mellorar a súa expresión lingüística e favorecer o gusto pola lectura. Despois do conto podemos facer diferentes actividades como preguntar que personaxes aparecen no conto, contar cantos hai, buscar a inicial do seu nome, cambiarlle o título ao conto…
  • Escribir o seu nome e o dos compañeiros/as en maiúsculas e tentalo en minúsculas.

Ollo á dirección na que facemos as letras. Quedan aquí as que xa coñecemos: maiúsculas e rodeadas as minúsculas que coñecemos.


Tamén vimos as minúsculas presentes nos nomes da clase.


Números. Se escriben números pasa o mesmo. Este curso avaliamos as grafías ata o número 6, pero xa fomos practicándoos ata o 10. 

Mates.  
  • Agrupar obxectos segundo criterios, tamaño, cor, forma e contalos.
  • Realizar series de cores.
  • Reforzar a serie numérica, nomeando os números, contando obxectos, xoguetes, alimentos da compra…
  • Practicar o trazo dos números (polo menos ata o 6).
  • Realizar sumas sinxelas dunha cifra.
  • Facer quebracabezas. 
  • Xogar con formas, nomealas, debuxalas, modelarlas…

Moitas grazas por colaborar, desfrutade do verán e vémonos en setembro!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!