venres, 12 de febreiro de 2021

SEMANA DA PAZ

 


En infantil, dadas os últimos sucesos, celebramos esta semana de forma algo tardía o Día do Paz!!!! Para facelo realizamos actividades moi entretidas e coas que o pasamos xenial.

O alumnado de 4º, 5º e 6º de infantil e 1º de primaria participaron nun mural da PAZ !!!








Decoramos de forma libre cun pincel uns debuxos co símbolo da PAZ.


Quedaron xeniais, son uns artistas!!!


Entre todos colaboramos nun mural de Gandhi moi chulo e cada clase fixo unha parte. Os nenos e nenas de 4º de infantil decoramos as letras de GANDHI con cousiñas relacionadas coa India froito das nosas investigacións facéndoas temáticas:

-G: BANDEIRA de India
-A: cara cun BINDI
-N: MANDALA
-D: postura de IOGA
-H: empregamos ESPECIAS para decorar 
-I: Pintamos un ELEFANTE símbolo da protección na India


Na aula de catro anos co pincel colaboraron no mural 



Na aula de cinco anos remataron o mural decorando a súa roupa e bastón



Quedou un mural ESPECTACULAR!!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!