etiquetas

martes, 22 de setembro de 2020

HORARIOS E PREGUNTAS FRECUENTES

 Ola familias!

Nesta ocasión queremos deixarvos os horarios do alumnado de cada curso de infantil, algúns recordatorios e unha serie de preguntas frecuentes que xurdiron nestes primeiros días. Recordade

consultar a web do centro e blogue de infantil, xa que estas informacións están colgadas nestas canles. Se non tedes descargada a aplicación Abalar facédeo urxentemente xa que será a outra canle de comunicación preferente.

Se tedes algunha dúbida tras ler esta entrada, pode que outros/as tamén a teñan, así que podedes deixala en comentarios e tentaremos solucionala o antes posible. Tamén podedes chamar ao centro ou enviar un correo ao noso correo electrónico.




 

Mochilas.

Non traen mochilas. Só poden e deben traer todos os días os sobres transparentes que mercamos no cole e no que deben traer só a mascarilla de reposto nunha bolsiña de tea ou papel.

 

Mascarillas.

Recoméndamos o seu uso para entradas e saídas.

De traela, deben traer unha de reposto nunha bolsiña de tea ou papel dentro do sobre transparente do cole.

 

Puntualidade.

Recordade ser puntuais para evitar aglomeracións de persoas nas entradas e saídas.

 

Que é un grupo burbulla?

Un grupo burbulla é un grupo reducido de nenos/as co que se convive de forma habitual. No caso do noso centro, que ten un número reducido de alumnos/as, temos como grupo burbulla a todo infantil e primeiro de primaria. A súa vez, este grupo subdividímolo en primeiro e 6º de infantil, que comparten patio, e 5º e 4º de infantil que comparte outro espazo de patio. Ademais, dentro das aulas ventílase e mantéñense grupos de máximo 4 alumnos/as.

 

É moi importante que leades con atención as instrucións para as familias e que se publicou na web do centro (premer aquí).

 

Merendas.

Non se trae merenda. Na busca duns hábitos alimenticios saudables a escola ofrece froita fresca diariamente antes dos recreos.

 

Augas.

Tráese unha botella nova co seu nome posto cada luns e os venres tiramos a vella no cole.


Como podo consultar o menú de comedor?

Para consultar os menús debedes acceder a web do centro no apartado de “Comedor escolar” (premer aquí), onde se irán colgando os menús mensuais.


Cando podo recoller o meu neno/a?

Podedes recollelos ao remate das súas clases, ou logo de comer ou a saída dos buses.

 

Necesito avisar de algo importante ó centro ou á titora do meu fillo/a. Como podo dar o aviso?

Avisar a través do teléfono do cole: 982 87 02 62.

 

Necesito avisar dun cambio na rutina de comedor ou recollida do meu fillo/a, como podo avisar?

Ante  un cambio na rutina de comedor ou saída é moi importante avisar pola organización das saídas e aforo do comedor. Para facelo debedes chamar coa suficiente antelación ó centro a través do número 982 87 02 62.

 

Como recibirei información do centro e dos mestres/as do meu fillo/a?

Vivimos un ano un pouco diferente que nos obriga a que nos comuniquemos de forma distinta. Temos varias canles de comunicación ás que debedes estar atentos.

ü Aplicación Abalar.

ü Web do centro: https://www.edu.xunta.gal/centros/cpivirxemontecospeito/

ü Blogue de infantil: http://amaxiadosaber.blogspot.com/

ü Teléfono: 982 87 02 62

ü Correo do centro: cpi.virxemonte.cospeito@edu.xunta.es

ç Correo de E. Infantil: infantilcospeito@gmail.com 

 

O meu fillo/a presenta algún síntoma de enfermidade, debo levalo/a ó centro?

Non. En caso de sospeita de enfermidade é moi importante que vos poñades en mans de sanidade chamando á pediatra, seguir as súas instrucións e avisar ó centro.

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!