etiquetas

A VOLTA AO MUNDO

A VOLTA AO MUNDO 2020/2021

Despois do parón estamos voltando as nosas rutinas e tamén ao noso proxecto da VOLTA AO MUNDO seguimos en EXIPTO recordando cales eran as súas construccións (as mais importantes as pirámides, pero tamén esfinxes, obeliscos e templos) a importancia do seu río NILO que atravesa todo EXIPTO e no que viaxaban as FALUCAS transportando alimentos, pedras, animais...as persoas que vivian como os FARAÓNS, os exércitos, os artistas, e os escribas que eran on que sabian escribir naquela época, nesta semana estamos probando como facian para escribir, como eran os soportes que tiñan para escribir, como era a súa lengua...
AQUÍ estamos probando as plumas:







o soporte que tiñan en Exipto para escribir era o PAPIRO elaborado a partir dunha planta acuática, moi común no río Nilo
Nos tamén fixemos papiro:










Unha vez feitos os nosos papiros investigamos e exploramos como eran as letras exipcias para despois facer as letras dos nosos nomes.





Xa estamos rematando a nosa viaxe por Exipto  polo que sellamos  o noso Pasaporte con todas as cousas que aprendemos deste país.









COMEZAMOS A NOXA VIAXE EN BARCO CARA EXIPTO, AS MOMIAS COMEZAN A ESTAR PRESENTES



VIDEOS SOBRE EXIPTO:

























Estan chegando xa moitas cousas as nosas aulas sobre exipto!!!





Na clase de cinco anos buscamos información de Exipto nos libros do recuncho


















SAMUEL trouxo un conto de Exipto e estivemos falando da momificación, quen a facia, porque, como se facia...


Co conto de RUBÉN completamos un pouco mais o tema das momias



Co conto de IKER falamos que en Exipto había moitos deuses, xa coñecemos algún 



Co conto de SABELA falamos porque se facian as pirámides


Nos contos de BRUNO vimos que hay un deserto en Exipto, como se vestian as persoas e como vivian




Estes días andivemos moi entretenidos:















E así nos quedou!



Seguen chegando moitas cousas de Exipto para os nosos recunchos:

Libros onde atopamos moitas cousas para aprender


Instrumentos como a RABABA





DEBUXOS

A bandeira de Exipto


Xogos...




 Máscaras de Tutankamón



As tres Pirámides de Exipto mais importantes e a esfinge de Guiza



Contos...







Un calendario con imaxes de Exipto




Paula ademais de información sobre Exipto tamén nos trouxo canicas, o seu orixen remóntase ao Antiguo Exipto





Así están os nosos recunchos




Tamén temos unha das pirámides mais importantes


Uns exipcios de xoguete cos que lles encanta xogar



Unha esfinxe de Guiza feita con barro


Mais contos onde aparecen como son as Pirámides e o deserto , e tamén como viven os exipcios



Regresamos e viaxamos de Londres a Francia, o primeiro que fixemos foi investigar nos nosos libros cousas de Francia, e atopamos moitas:







BRUNO e LAURA o simbolo de París




AINARA que FRANCIA e o noso pais veciño


SABELA a súa bandeira



RUBÉN moitas curiosidades de FRANCIA:



ELOI onde se atopa no mapa:


SERGIO e IKER descubriron que París ten moitos artistas que debuxan na calle:


AROA a súa bandeira e a Torre Eiffel


LAURA onde se atopa no mapa


Nos seguintes días a maleta troxo unha Torre Eiffel e o conto de Valentina unha nena que viaxou a París e foi visitando a cidade coa súa nai.



Están chegando moitas cousas das casas:

BRUNO nos trouxo un libro do Palacio de Versalles, quedamos asombrados da inmensidad dos seus xardins.



SERGIO trouxo unha Torre Eiffel




 SABELA  trouxo unha Torre Eiffel



LOIS trouxo un imán de París


SAMUEL trouxo un conto de París onde gracias a unha plantilla vemos os debuxos en movemento.


AROA  trouxo unha Torre Eiffel


LUCIA trouxo un tapiz cos monumentos mais importantes de Paris: Catedral de Notre Dam, Arco do triunfo, Torre Eiffel, Montmartre


RUBÉN trouxo unha Torre Eiffel de cristal 


AROA trouxo unha caixa de bombóns cos monumentos de París


SAMUEL trouxo uns puzzles que nos viñeron moi ben para xogar no noso rincón



Con ELOI contamos o conto dun paseo por París


SABELA trouxo o Arco do triunfo


SEMO  trouxo unha Torre Eiffel feita con axuda da súa irmá e a súa nai, contounos que primeiro debuxaron a torre, despoís con silicona quente a fixeron por encima, despoís quitaron o papel e por último a pintaron.


LAURA con pegatinas nos fixo unha postal para o recuncho:




 NAIA trouxo unha maqueta na que aparecen todos os monumentos importantes de París








ANTIA trouxo varios contos que nos veñen moi ben para investigar 




 YEIKOB trouxo un Arco do Triunfo


LOIS trouxo un libro de xogos onde temos que axudar a nena a chegar a Torre Eiffel


SABELA nos trouxo un compás para orientarnos e un conto da cidade de París e todas as súas cousas.


ISRAE trouxo unha Torre Eiffel


RUBÉN trouxo un calendario con imaxes de París, que o encargado de cada día elixe e pon a que mais lle gusta.


DAMIÁN trouxo unha foto dun cadro que ten na sua casa


THAIS trouxo un cadro feito a punto de cruz pola súa nai



Así nos divertimos cos puzzles:




Seguen chegando cousas de Francia as nosas aulas, sobre todo de París:

ALBA trouxo un conto onde salía a catedral de Notredam



PAULA trouxo uns debuxos de Paris:


CARMELA trouxo unha caixa de música de París que facía unha fermosa melodía


No mandión de ZOE dímonos conta que tiña unha Torre EIFFEL


BREIXO nos trouxo unha TORRE EIFFEL feita con cartolina


BRUNO touxo varios contos un da Catedral de Notredam e da persoa que vivía alí e  outro de Stilton onde aparecen edificios de París




O PRINCIPIÑO escrito por un autor francés ANTOINE DE SAINT-EXUPERY

Este é un libro fundamental da literatura universal. Trata da historia dun neno, príncipe nun planeta sen xente, que un día abandona o seu reino desenganado dunha flor da cal está enamorado. Na viaxe que emprende por distintos planetas coñece sucesivamente a diferentes personaxes.



LUIS trouxo un libro de buscar diferentes personaxes polas rúas de París, pasamolo moi ben nesas busquedas, tamén trouxo uns puzzles de Londres e París



Naia trouxo un conto de pagatinas de París



LEO nos trouxo un mapa de París e unhas canción para escoitar na aula en Francés



Aquí vos deixo outras que tamén lles gustan




ANTÓN E PABLO felices coa súa TORRE EIFFEL





HUGO nos trouxo un conto que a todos gustanos moito, pero en BRAILLE.


O braille é un sistema de escritura táctil pensado para persoas cegas. Foi inventado polo francés Louis Braille (cego dende a súa infancia debido a un accidente) a mediados do século XIX. Inventou o código cando tiña 15 anos baseándose nun sistema militar para a lectura de ordes durante os períodos nocturnos sen necesidade de prender ningunha luz.
O braille resulta tamén interesante por tratase dun sistema de numeración binario, que precedeu á invención dos ordenadores.


 BRUNO e LAURA P. troxeron outros dous principiños en diferentes formatos:




MARWA nos trouxo unha torre




O 30 de xaneiro conmemorase o día da non violencia, a educación para a paz, a tolerancia, a solidaridade, o respeto aos dereitos humáns, por iso fixemos entre todos un mural, e ademais nas diferentes aula debuxaron algo que lles recordara a non violencia, de todos os debuxos selcionaronse un por aula e fixemos uns tatuaxes que pusemos o día 30, ademaís dentro do noso proxecto coa 3D fixemos uns chaveiros coa Torre Eiffel como simbolo de paz, foi unha actividade que resultou moi motivadora.









Para rematar a semana tivemos unha sesión de globoflexia a cargo de TATA!




O día 2 de febreiro celebrase en Francia o día da crepe, mais conocido como "LA CHANDELEUR", os alumnos da ESO de Francés compartiron con nos a celebración elaborando crepes, estaban boísimos!!!




MOITAS GRAZAS!!!


Aproveitamos para falar cales son as comidas típicas de Francia, ademais dos crepes, a baguette, a fondou de queixo, ratatuille...


Seguendo cas cousas que se comen en Francia os alumnos/as de cinco anos coa axuda da profe de inglés fixeron "CROISSANTS" 





ESTABAN BOÍSIMOS!!!!

SABELA contounos que probara os macarons e falamos delo na clase, se estaban bos, como era...



ISRAE sorprendeunos con uns tatuaxes da Torre Eiffel feitos con HENA


Tamén seguen chegando cousas para os rincóns





SABELA trouxo un conto onde aparecen moitos pintores, algún deles Francés, aproveitamos para traballar a LEONARDO DA VINCI e MONET.


Despois de investigar decidimos converternos en pequenos artistas




BRUNO trouxo unha canción que nos veu moi ben, EU SON ARTISTA E VEÑO DE PARIS!



                                         


Ademais da pintura outra das artes de PARIS e a música, e para contarnos un pouco disto tivemos a GERMÁN DIAZ que nos trouxo  uns ÓRGANOS de BARBARIA é un istrumento musical feito cunha serie de tubos e un fuelle.





GERMÁN explicounos moi ben o seu funcionamento, como escribe a musica nos seus cartóns, como aire fai posible as cancións...e tamén o escoitamos.


                                        


                                       
                                            


                                           

Así debuxaron os neno/as a actividade




MOITAS GRAZAS POR VIR PAPA DE LEO!!!!

A partir do conto de HUGO, seguemos a traballar co sistema BRAILLE, e fixemos os nosos nomes, e o alfabeto






Xa para rematar co proxecto recollimos nun debuxo as cousas que sabemos de FRANCIA






PRONTO COMEZAMOS A VIAXE A EXIPTO!
As nosas aulas chegou unha maleta grandísima que tiña mapas, ao abrila atopamonos un montón de libros, todos eran de aventuras e o autor o mesmo en todos, JULIO VERNE, nos seguintes días investigamos un pouco sobre él, naceu en Francia, o seu pai era avogado e quería que JULIO tamén o fora, asi que estudo a carreira de avogado e despois dedicouse a escribir novelas de aventuras onde anticipou moitos dos inventos que viñeron despois.






Seguindo a Julio Verne e as suas aventuras de dar a volta ao mundo comezamos a investigar que vivimos nun  universo cheo de PLANETAS entre o que está o noso o PLANETA TERRA, o noso planeta ten diferentes continentes que estamos a coñecer e aprender cousas deles.









Dentro do planeta Terra temos os diferentes continentes:




BRUNO trouxo un planeta Terra onde cada un poidemos ver animais que nos atopariamos nos diferentes continentes:


Entre tod@s os nen@s fixemos o noso mural dos continentes:









A maleta deixounos unha carta e uns personaxes que investigando no libro de JULIO VERNE descubrimos que son os protagonistas da VOLTA AO MUNDO EN 80 DIAS, tamén deixounos unha película onde vimos o comezo de como sucedian os acontecementos e onde comezaba a nosa viaxe.




O viaxe comexa en LONDRES, coñecemos a súa bandeira



Ubicamos Londres en Europa en Reino Unido:


 No libro de Samuel vemos moi ben a bandeira de Londres e a nosa bandeira






SABELA Y SAMUEL ensinaronnos un conto onde nos fixamos en cousas de Londres



O conto de LAURA tamén nos aportou moita información da cidade, como as súas cabinas vermellas, xa que pola súas idades non entendian que para chamar por teléfono necesitaran ir a elas, e cos teléfonos de antes estivesen atados por cables.



THIAGO tamén nos trouxo unha hucha cabina



HUGO e a súa familia fixeron unha cabina de Londres, con moitos detalles e ademais con luz!


LOIS nos ensinou unha fotografia de Londres onde se vía moi ben unha cabina


Outra das cousas que nos atopamos en Londres, son os autobuses turístico de dous pisos, AROA e a súa familia fixeronos un!


Moitas grazas pola rápida colaboración que xa estamos a disfrutar dos nosos rincóns de Londres!





Recursos de ampliación de Londres:
 Mapa de Londres:



ALBA trouxo un Guardia Real


Marcha imperial en Londres:




BREIXO trouxonos unha foto da Ponte de Londres




Tower Brigge:





Canción London Bridge:



A maleta viaxeira na aula de tres anos trouxo fotos de diferentes construccións de Londres




PAULA nos ensinou unha taza con moitas desas construccións



ANTIA fixo na casa un libro de solapas con diferente información de Londres.



Guía de Londres:

Seguen chegando cousas as nosas aulas, ANTIA trouxonos un bús de Londres cheo de nen@s



NAIA trouxo un conto de pegatinas de viaxes:



EMMA troxo un osiño de LONDRES


LUIS trouxo unha cabina telefónica



O noso recuncho de Londres



No conto de AROA vimos que en Londres xogan ao fútbol, ao golf, ao rugby, tamén que hay uns cantantes moi coñecidos OS BEATLES e un gran escritor Shakespeare.











RUBÉN leeu un poquiño do seu conto na páxina que quiso e xa nos anticipou que tamén vamos a viaxar pola INDIA



RUBÉN trouxo un puzle do mundo



Un conto de costumes dos nen@s do mundo


SABELA trouxo un atlas  en unha maqueta de BIG BEN


BRUNO trouxo peliculas da volta ao mundo e un atlas puzle!


Estes días estivo de visita polo colexio PADDINGTON BEAR e trouxo con él un xornal especial porque estaba escrito en inglés e chamounos a atención moitas cousas que ali vimos e que temos que investigar








LUIS trouxo un billete de avión, un mapa do metro e un folleto dos buses de Londres, con eles aproveitamos para falar dos transportes.











Así nos quedou o noso mundo!


BRUNO fixo un debuxo de Willi Fogg e o seu mapa



SARAY trouxo un puzle do mundo



Así luce un dos nosos recunchos





As Sabelas trouxeron a ponte de Londres




NAIA tamén fixo coa súa familia unha maqueta de Londres onde podemos ver todos os monumentos mais importantes.



AROA fixo a noria de Londres coñecida como a mais alta do mundo



Ademais de monumentos tamén estamos coñecendo moitos transportes como os buses, taxis, metro, globo, barco,avión, tren, coche...






Seguen chegando contos do noso planeta, de viaxes e de Londres




LUIS contounos como PADDINTONG iba ao mercado a buscar pan



Contamos cunha visita moi especial NOA a irmán de NAIA , regalaronlle un conto de Londres e pasou pola aula para ensinarnolo e ademais facer uns xogos de búsqueda de obxetos, ademais de poder ver diferentes barrios de Londres.





MOITAS grazas NOA pola tua visita

SERGIO trouxo un puzzle xenial!


Estes días están comezando a viaxar as casas mochilas viaxeiras onde ademais de poder xogar os nenos/as coas cousas da mochila durante unha semana, podedes tamén contarnos algunha viaxe que fixerades o unha que vaiades a facer o incluso alguhna que vos gustaria facer, asi que a VIAXAR!!!


LUCIA nos trouxo unha hucha bús de Londres:


THAIS trouxonos unha maqueta do BIG BEN 



LUIS trouxo un atlas de animais do mundo:



LEO trouxonos un conto de Peter Pan en Londres onde vimos o BIG BEN



AROA   trouxo un libro que ten diferentes paises onde podemos ver e observar as suas casas, constumbres, comidas...



SERGIO buscou a páxina que mais lle gustou do seu conto da volta ao mundo



ANTIA ensinounos no seu libro onde estaba LONDRES e onde vivimos



NAIA trouxo dos transportes típicos de LONDRES



ISRAE trouxonos un minimundo


YEIKOB nos trouxo unha guía de LOndres para non perdernos no noso viaxe pola cidade


Nestes días a maleta troxonos un monedero de MISTER BEN perxonaxe moi conocido de LONDRES, dentro del viñan cartos, pero eran diferentes aos nosos neles aparecía a RAIÑA ISABEL II e algúns dos monumentos mais famosos de Londres, tocamolos, miramolos ven e comparamoños cos nosos, e aprendimos que en Londres non son Euros senon Libras



Algún dos deportes que se practican en Londres son o RUGBY e o CRICKET puidemos ver que pelotas se utilizan para ello e como se xoga



RUGBY


CRICKET


Para poñer punto e final a Londres e seguir viaxando, fixemos un debuxo de todas as cousas que aprendimos neste trimestre


Tamén preparamos as carpetas e bolsas para recoller todos os nosos materiais









Con algúns dos materiais elaborados e os que troxeron as familias fixemos un recuncho na entrada de infantil para que todos poidan ver todo o que traballamos e aprendimos de Londres.



Nestes útimos día antes das vacacións nos estivemos preparando para a chegada do inverno, polo que estivemos traballando para decorar os nosos corredores










Tamén visitamos o centro de día e lles levamos os nosos monecos de inverno, e cantamos unhas cancións todos xuntos



Alumnos da ESO viñeron a contarnos uns contiños que nos gustaron moito







   MOITAS GRAZAS POR VISITARNOS

Tamén estos días estivo o APALPADOR contandonos o seu conto


E para rematar non podia ser de outra maneira cunha gran festa londinense onde celebramos os aniversarios deste trimestre.




















ATA AQUÍ REMATA A NOSA VIAXE POR REINO UNIDO, A VOLTA SEGUIREMOS VIAXANDO PERO POR FRANCIA E VISITAREMOS PARÍS, SOLO QUEDA DESEXARVOS UNHAS BOAS FESTAS E BOAS VACACIÓNS!!!!


 REGRESAMOS O DIA OITO DE XANEIRO

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!